PROFESORADO

Guillermo Rojo, catedrático de Lingüística española ata a súa xubilación en 2017 e actualmente profesor emérito na USC, é autor de numerosos traballos sobre teoría sintáctica, sintaxe do español, sociolingüística e socioloxía da linguaxe. Dirixiu a elaboración da Base de datos sintácticos del español actual, que permite a análise das estruturas sintácticas clausales a partir do seu uso en corpus. Traballou no deseño, construción e explotación do Corpus de referencia del español actual (CREA), o Corpus diacrónico del español (CORDE) e o Corpus del español del siglo XXI (CORPES) construídos todos eles pola Real Academia Española, proxectos que coordinou desde os seus inicios e segue coordinando na actualidade. Por encargo do Instituto Cervantes, dirixiu, con Ignacio Palacios, o Corpus de aprendices de español como segunda lengua (CAES). Foi responsable tamén do Corpus de referencia do galego actual (CORGA) desenvolto no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades, no que coordinou a sección de lingüística desde a creación do centro ata agosto de 2017.

María Paula Santalla del Río é desde 2006 profesora contratada doutora na USC. Centrou o seu interese na investigación en Lingüística de corpus e Procesamento da Linguaxe Natural para o desenvolvemento e explotación de corpus. Durante ese tempo participou en quince proxectos de investigación, entre os que destacan pola súa relevancia os que resultaron na elaboración da Base de datos sintácticos, o Corpus de Referencia del Español Actual da Real Academia Española, Document Routing, un proxecto de ámbito europeo sobre  redireccionamiento automático de documentos e, actualmente, ESLORA, para o desenvolvemento dun corpus oral de español de Galicia. Deses quince proxectos dirixiu tres, centrados en gramáticas formais (Gramática formal e funcional do español), recuperación de información (Gari- Coter) e anotación  sintáctica de corpus (DRASAE). Dirixiu así mesmo dúas teses doutorais sobre cuestións relacionadas con explotación de corpus para a descrición da orde de constituíntes en español e análise automático de preguntas en español.

Mercedes Sánchez Sánchez é doutora en Filosofía e Letras (Filoloxía Española) pola Universidade Autónoma de Madrid. Desenvolveu o seu labor profesional na Real Academia Española, fundamentalmente na creación dos corpus do español, especialmente en CREA e CORPES XXI. Formou parte tamén do departamento de Comunicación e foi Xefe de Estudos da Escola de Lexicografía Hispánica, na que colabora, como docente, desde os seus inicios á actualidade. Publicou traballos relacionados co español na internet e recompila, noutra vertente profesional, a correspondencia de Francisco de Quevedo. Desde 2007 é a coordinadora do Corpus de Español do Século XXI, desde onde se ocupa da súa construción, codificación e publicación.

María Sol López Martínez é profesora titular de Filoloxía galega na USC. A súa investigación está centrada no estudo da lingua galega en dúas liñas: a) Estudos gramaticais. Na súa tese realizou un estudio diacrónico sobre “O emprego da preposición a co CD”. E nesa mesma liña publicou varios artigos. b) Lingüística de corpus. Entre 1997 -2005 e dende 2009 ata a actualidade dirixiu no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades o proxecto CORGA (Corpus de Referencia do Galego Actual). A 1ª versión en liña póxose en 2001. A última versión accesible na rede é a 3.0 de 2017. O CORGA é un proxecto aberto que se deseñou coa finalidade de poñer a disposición da comunidade científica un conxunto de datos textuais, representativos da lingua galega actual, para a realización de estudos gramaticais.

Eva Domínguez é Doutora en Filoloxía Hispánica e licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa investigación céntrase fundamentalmente na área da lingüística computacional para o galego e para o español. Respecto do primeiro, coordina a parte lingüística do Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA) e é a responsable da elaboración dos recursos lingüísticos que precisa o etiquetador XIADA para a etiquetaxe automática do CORGA, tema sobre o centrou a tese de doutoramento. Esta experiencia na construción de corpus, na etiquetaxe morfosintáctica e no deseño de ferramentas para a recuperación de información, levouna a colaborar, xa para español, no desenvolvemento do proxecto Desarrollo de recursos para el análisis sintáctico automático del español (DRASAE), AVALON, una gramática formal, y, CSA, un corpus sintácticamente analizado e, actualmente, na etiquetaxe do Corpus para el estudio del español oral (ESLORA).

Xosé Luís Regueira Fernández é catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela, investigador do Instituto da Lingua Galega e membro numerario da Real Academia Galega.  Os seus intereses de investigación céntranse sobre todo na fonética e na variación lingüística, campos nos que participa en equipos e dirixe proxectos de investigación. Tamén ten traballado sobre sociolingüística, gramática e historiografía da lingüística galega. Publicou artigos e capítulos de libro sobre estes temas, así como algúns libros, como autor ou coautor, entre os que destacan a Gramática galega (Vigo 1986) ou o Dicionario de pronuncia da lingua galega (A Coruña, 2010). Dirixe o recurso en liña Dicionario de pronuncia da lingua galega (ilg.usc.es/pronuncia), así como o Corpus oral informatizado da lingua galega (CORILGA), aínda en desenvolvemento.

Elisa Fernández Rei é doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e profesora titular na mesma universidade. Asemade, é investigadora do Instituto da Lingua Galega e coordina o comité galego do proxecto AMPER desde o ano 2003. As súas liñas principais de investigación son a entoación, a xeoprosodia, o contacto e o cambio lingüístico.

Ignacio Palacios é profesor titular de Filoloxía Inglesa desde 1993, acreditado como Catedrático de Universidade con data de 26/01/2012. Director de 15 tesis doctorais. Membro do Consello Editorial das revistas ICAME Journal, VIAL, Atlantis, Miscelánea, RESLA, International Journal of English Linguistics, ELIA, etc.  Coordinador do programa de doutoramento en Estudos Ingleses Avanzados do sistema universitario gallego (2012-2017). Catro sexenios de investigación obtidos de forma consecutiva (1994-2016), 12 tramos de excelencia curricular e 2 tramos de xestión universitaria reconocidos pola Xunta de Galicia. Profesor da U. de Lincoln, Nebraska (1981-1982) e Catedrático de Inglés de Bachillerato (1982-1990). Máis de 50 artículos en publicaciones indexadas e máis de 100 comunicaciones e ponencias en congresos nacionais e internacionais. Dirixiu 6 proxectos de investigación autonómicos, 3 do MINECO e 4 contratos de investigación con diversas empresas e institucións. Deseñou e compilou un corpus de aprendices de inglés coñecido como SULEC (Santiago University Learner of English Corpus), accesible á comunidade científica no servidor do CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) <http://sulec.cesga.es> e outro de aprendices de español co Prof. Guillermo Rojo (CAES).

Tomás Jiménez Juliá é catedrático de Lingua española na Universidade de Santiago de Compostela. A súa actividade céntrase en sintaxe xeral y do español, campo no que publicou uns sesenta títulos, cinco deles monografías. Actualmente é parte do grupo de investigación LiTlinAl, da área de Filoloxía alemá, e dentro del, do proxecto de investigación Construcións espaciais en alemán e español: Elaboración dun corpus e análise contrastivo, no marco do cal elaborouse o corpus paralelo bilingüe PaGes que se presenta neste curso.

Irene Doval estudou Filoloxía Clásica na Universidade de Santiago de Compostela e Filoloxía Alemá na Universidade de Salamanca, onde realizou o seu doutoramento sobre “La lucha contra los extranjerismos en Alemania de 1871 a 1945”. Desde 1999 é profesora titular de Lingüística alemá na Universidade de Santiago de Compostela. As súas áreas de investigación son a sintaxe alemá, a lingüística contrastiva, as relacións espaciais e a lingüística de corpus, temas sobre os que publicou numerosos artigos. Desde 2013 dirixe un grupo de investigación que creou o corpus paralelo bilingüe alemán/español PaGeS. Este corpus serve, entre outras cousas, como fonte primaria de datos para diversos proxectos de investigación, como a expresión das relacións espaciais entre o alemán e o español ou as características da lingua de tradución, así como para a produción de materiais didácticos e exercicios sobre material auténtico.

Johannes Graën estudou e doutorouse en Lingüística Computacional. A súa liña de investigación principal son os corpus paralelos e multiparalelos, centrándose na alineación. Traballa en desenvolvemento de software para estes e outros fins.

José M. García-Miguel é Profesor Titular de Lingüística Xeral na Universidade de Vigo. As súas principais publicacións versan sobre a estrutura sintáctica e semántica da cláusula en español e noutras linguas. Dirixiu varios proxectos de investigación, entre os que destacan os que deron lugar á elaboración da Base de datos de verbos, alternancias de diáteses e esquemas sintáctico- semánticos do español ( ADESSE): http://adesse.uvigo.es/. Nos últimos anos dirixiu o seu interese cara ás estruturas sintácticas e semánticas das linguas de signos.

María Sampedro Mella é doutora en Lengua Española pola Universidade de Salamanca e bolseira posdoutoral da Xunta de Galicia na USC e na Université Sorbonne-Nouvelle Paris 3, onde desenvolve un proxecto sobre cortesía e actos de fala en varias linguas. Nos últimos anos foi profesora nas universidades de Lisboa e Salamanca, e investigadora en diferentes grupos e proxectos sobre variación lingüística e lingüística de corpus, dos que destaca a colaboración no Corpus de português língua estrangeira/língua segunda (COPLE-2) desenvolvido polo Centro de Linguística da Universidade de Lisboa. A súas liñas de investigación son a sociolingüística, a pragmática, o español como lingua estranxeira e a lingüística de corpus.

Victoria Vázquez é profesora titular de Lingua española na USC. A súa investigación céntrase en aspectos sintácticos e discursivos do español cun enfoque baseado no uso e, máis recentemente, no desenvolvemento e análise corpus orais. Actualmente é coordinadora do grupo de investigación Gramática do Español. Desde 2007 coordina o equipo PRESEGAL da USC, integrado no proxecto panhispánico PRESEEA, e desde 2011 dirixe un equipo da USC que participa na construción do CORPES XXI no marco do convenio de colaboración asinado entre a Real Academia Española e a USC. Nos últimos anos foi IP dos proxectos competitivos que permitiron elaborar o corpus ESLORA de español de Galicia (http://eslora.usc.es/).