Saltar ao contido central

Seminario: Exploring grammatical variation in the Anglophone world

Setembro 21, 2012 por susana.sotelo

A semana do 24 de setembro o Prof. Bernd Kortmann da Universidade de Freiburg visitará a nosa Facultade subvencionado polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, dentro do programa de mobilidade para doutoramentos con Mención de Excelencia. Durante a súa visita, o Prof. Kortmann impartirá un seminario titulado Exploring grammatical variation in the Anglophone world, no que presentará a ferramenta eWAVE, electronic World Atlas of Variation in English.

O seminario, que terá lugar na Sala de Videoconferencias da Facultade de Filoloxía o martes 25, mércores 26 e xoves 27, de 16.00 a 19.00 horas, está aberto a todo o profesorado e estudantes de posgrao da Facultade. Co fin de preparar o material necesario para o desevolvemento do seminario, rógase confirmación de asistencia no Decanato.

Premium Drupal Themes by Adaptivethemes