Saltar ao contido central

Importancia das linguas menos difundidas e ensinadas: exemplos do euskera e galego

Xuño 10, 2017 por susana.sotelo

Viola G. Miglio
Associate Professor of Linguistics & Barandiaran Chair of Basque Studies, Spanish & Portuguese Dept., University of California, Santa Barbara



B13-Sala de videoconferencias, Facultade de Filoloxía
21 de xuño, 12:00-13:00

A situación das linguas minoritarias é con frecuencia inestable porque na meirande parte dos casos están en contacto con outras linguas que dispoñen dun grande número de falantes, prestixio e unha longa tradición literaria. Como poden as lenguas minoritarias sobrevivir en competencia con idiomas coma o inglés, francés ou o español? Como pedir aos falantes de linguas minoritarias que se comprometan co seu mantenemento e transmisión nun mundo no que aumenta día a día a primacía global do inglés? Quixera, nesta charla, suxerir algunhas respostas, e suscitar aínda máis preguntas, sobre a importancia da diversidade lingüística, a tradución, as políticas lingüísticas, a aprendizaxe en programas de inmersión e o futuro das linguas minoritarias na súa área orixinal e como "Linguas Menos Comunmente Ensinadas" (Less Commonly Taught Languages, LCTL) no estranxeiro, por exemplo en EEUU. Empregarei paralelismos co estatus do español como lingua minoritaria en California, co islandés (a lingua oficial dun país con só 300,000 habitantes), así como do ensino do euskera e o galego en EEUU.

Premium Drupal Themes by Adaptivethemes