Eventos do grupo GE
Prof. Carlos-Eduardo Piñeros (Universidade de Auckland, Nova Zelanda)
Facultade de Filoloxía, sala B03
Contidos da conferencia
-
Restricións articulatorias e perceptivas sobre os inventarios fonémicos nasais
Horario
Venres 15 de novembro |
12:00 - 13:00 |
Organización
A actividade está organizada polo grupo de investigación Gramática do español (GPC Xunta de Galicia ED431B 2017/39).
Prof.ª Rocío Caravedo (Pontificia Universidad Católica de Perú)
Facultade de Filoloxía, sala B03
Contidos
-
A diversidade na percepción dos fenómenos de variación da lingua española
Horario
Mércores 23 de outubro |
12:00 - 13:00 |
Organización
A actividade está organizada polo grupo de investigación Gramática do español (GPC Xunta de Galicia ED431B 2017/39) e o Proxecto ESLORA+ (PFFI2017-86379-P), financiado pola AEI e o FEDER.
Prof.ª Shu-Ying Chang (National University Taiwan)
Facultade de Filoloxía, sala B03
Contidos
-
O hispanismo en Taiwan e China
-
A influencia do realismo máxico na literatura taiwanesa e china
Horario
Venres 11 de outubro |
12:00 - 14:00 |
Organización
A actividade está organizada polo grupo de investigación Gramática do español (GPC Xunta de Galicia ED431B 2017/39) e o Proxecto ESLORA+ (PFFI2017-86379-P), financiado pola AEI e o FEDER.
Ángela di Tullio (Profesora invitada do Instituto de Filología, UBA)
Facultade de Filoloxía, sala B03
Horario
Venres 27 de setembro |
12:00 - 13:00 |
Organización
A actividade está organizada polo grupo de investigación Gramática do español (GPC Xunta de Galicia ED431B 2017/39).
Facultade de Filoloxía, aula B13
Santiago de Compostela, 3 e 4 de outubro de 2019
Programa
Xoves, 3 de outubro |
16:00 -17:00 |
Conferencia de Nelleke Oostdijk (Radboud Universiteit)
The Spoken Dutch Corpus revisited
|
17:00 -17:15 |
Pausa
|
17:15 -20:00 |
Taller sobre anotación morfosintáctica [AULA B10]
Mario Barcala, Eva Domínguez e Paula Santalla (USC)
Factores lingüísticos (categorías e subcategorías, particularidades da lingua oral etc.) e computacionales (fases de traballo, kernel, corpus de adestramento, etiquetador estatístico, regras sintácticas)
|
Venres, 4 de outubro |
9:30 - 10:30 |
Conferencia de Nelleke Oostdijk (Radboud Universiteit)
Linguistically-motivated annotation: Moving forward
|
10:30 - 11:30 |
Demo de software de anotación automática mediante Linguakit (software libre)
Pablo Gamallo (USC)
|
11:30 - 12:00 |
Pausa café
|
12:00 - 12.30 |
Shima Salameh Jiménez (Val.Es.Co) Os retos na segmentación e anotación dunha conversa coloquial: cuestións metodolóxicas e estatísticas
|
12:30 - 13:45 |
Presentación da nova versión do corpus ESLORA
Guillermo Rojo e Victoria Vázquez (USC)
|
14:00 - 16:00 |
Pausa comida
|
16:00 - 17:30 |
Reunión interna da rede
|
Inscrición e certificados
A asistencia ao seminario é de balde. Porén, as persoas interesadas en recibir un certificado de asistencia deberán inscribirse mediante este formulario en liña. O prazo de inscrición estará aberto até o 1 de outubro.
Organización
A actividade está organizada polo grupo de investigación Gramática do español (GPC Xunta de Galicia ED431B 2017/39), o Proxecto ESLORA+ (PFFI2017-86379-P), financiado pola AEI e o FEDER, e a Red Temática en Estudios de Análisis del Discurso (FFI2017-90738-REDT).
Loisi Sainz Padrón (Universidad de La Habana)
Facultade de Filoloxía, sala 114
Presentaranse os proxectos de investigación lingüística (nacionais e internacionais) nos que participa a Facultade de Artes e Letras da Universidade da Habana xunto con outras institucións como a Academia Cubana de la Lengua e o Instituto de Literatura e Lingüística "José Antonio Portuondo Valdor". En cada caso, ofreceranse os datos relativos á conformación dos corpus e ás temáticas dos traballos realizadas como teses de licenciatura, máster e doctorado. Dedicarase a meirande parte do tempo aos resultados dos estudos de lingüística histórica que toman como fonte documentos cubanos por ser esta o área en que se inscribe a tese doctoral da profesora que impartirá o seminario.
Horario
Martes, 16 de xullo de 2019 |
12:00 - 14:00 |
Organización
A actividade está organizada polo grupo de investigación Gramática do español (GPC Xunta de Galicia ED431B 2017/39).
Páxina oficial do curso: CORPUS TEXTUAIS: TEORÍA E PRÁCTICA
Páxina oficial dos cursos de verán da USC
Matrícula (desde o 15 de maio ata o 21 de xuño)
PROGRAMA
Datas de celebración: 1 a 5 de xullo
Lugar de celebración: Sala B13, Facultade de Filoloxía – Santiago de Compostela
Día 1 de xullo
9:00
Inauguración do curso
9:30 – 11:30
A lingüística de corpus na actualidade
Guillermo Rojo, USC
12:00 – 14:00
Deseño e construción de corpus (I). Deseño. Representatividade e equilibrio. Codificación externa.
Guillermo Rojo, USC
María Paula Santalla del Río, USC
16:00 – 18:00
Deseño e construción de corpus (II). Codificación interna. Anotación morfosintáctica.
Guillermo Rojo, USC
María Paula Santalla del Río, USC
Día 2 de xullo
9:30 – 11:30
Corpus de referencia: CORPES XXI (I). Características do CORPES. Análise de fenómenos léxicos.
Mercedes Sánchez Sánchez, Centro de estudos da RAE
12:00 – 14:00
Corpus de referencia: CORPES XXI (II). Análise de fenómenos gramaticais. Búsquedas complexas.
Mercedes Sánchez Sánchez, Centro de estudos da RAE
16:00 – 18:00
Corpus de referencia: CORGA. Características do CORGA. Análise de fenómenos léxicos. Análise de fenómenos gramaticais. Búsquedas complexas.
María Sol López Martínez, USC
Eva Domínguez Noya, Centro Ramón Piñeiro
Día 3 de xullo
9:30 – 11:30
Corpus orais: ESLORA (I). Construcción dun corpus oral. Problemas de codificación e anotación.
Victoria Vázquez Rozas, USC
12:00 – 14:00
Corpus orais: ESLORA (II). Análise de fenómenos léxicos. Análise de fenómenos gramaticais.
Victoria Vázquez Rozas, USC
16:00 – 18:00
Corpus orais: CORILGA. Antecedentes e obxectivos. Contidos e estrutura. Ferramentas incorporadas e desenvolvidas. Usos e potencialidades. Exemplos de explotación: cambio lingüístico. Exemplos de explotación: variación lingüística.
Xosé Luís Regueira, USC
Elisa Fernández Rei, USC
Día 4 de xullo
9:30 – 11:30
Corpus de aprendices (I). Os corpus de aprendices. O Corpus de aprendices de español (CAES).
Ignacio Palacios Martínez, USC
María Sampedro Mella, USC e Université Sorbonne Nouvelle-Paris 3
12:00 – 14:00
Corpus de aprendices (II). CAES: fenómenos léxicos. CAES: fenómenos gramaticais.
Ignacio Palacios Martínez, USC
María Sampedro Mella, USC e Université Sorbonne Nouvelle-Paris 3
16:00 – 18:00
Base de datos sintáctico-semánticos: BDS e ADESSE. Obxectivos, contido e estrutura. Verbos e construcións verbais: aspectos léxicos e gramaticais.
José María García-Miguel, UVIGO
Día 5 de xullo
9:30 – 11:30
Corpus diacrónicos (I). Os corpus diacrónicos CORDE, CDH E CDEHIST. Fenómenos léxicos.
Guillermo Rojo, USC
12:00 – 14:00
Corpus diacrónicos (II). Os corpus diacrónicos CORDE, CDH E CDEHIST. Fenómenos gramaticais.
Guillermo Rojo, USC
16:00 – 18:00
Corpus paralelos: PAGES. Motivación do corpus. Estrutura e contido. Problemas na súa elaboración. Utilidade y aplicacións do corpus.
Irene Doval Reija, USC
Tomás Jiménez Juliá, USC
A utilidade dos corpus paralelos para aprendices de linguas estranxeiras
Johannes Graën, Universidad de Zürich
18:00
Clausura e entrega de diplomas
ORGANIZACIÓN
A actividade conta cun co-financiamento da Deputación Provincial da Coruña.
Hella Olbertz (University of Amsterdam / Profesora visitante, Universidade Santiago de Compostela)
Facultade de Filoloxía, aula B03
Santiago de Compostela, 8, 15 e 22 de maio de 2019
CONTIDO:
A Gramática Discursivo-Funcional (Hengeveld & Mackenzie 2008; Keizer 2015) desenvolveuse a partir da súa predecesora, a Gramática Funcional de Simon C. Dik (1997). Estas dúas teorías teñen en común a convicción de que o mellor xeito de entender as propiedades formais das linguas é relacionalas coas categorías pragmáticas e semánticas que son fundamentais na comunicación humana. A Gramática Discursivo-Funcional (GDF) é unha teoría estrutural-funcional da linguaxe que se basea nos coñecementos tipolóxicos que temos das linguas do mundo e que non acepta ningún tipo de universal lingüístico ata que se comproba empiricamente. A teoría non só pretende ser tipoloxicamente adecuada, senón que tamén aspira á adecuación psicolóxica, polo que toma como punto de partida a intención comunicativa do falante. O desenvolvemento do enunciado na GDF comeza coa “formulación” interpersoal (pragmática) e representacional (semántica), que á súa vez forma o input para a “codificación” morfosintáctica e fonolóxica, sendo estes últimos procesos formais que non afectan ao contido do enunciado. En combinación cunha serie de primitivos léxicos e gramaticais, os niveles da formulación e codificación forman a gramática. Esta interactúa con tres compoñentes extralingüísticos: os compoñentes conceptual, contextual e de saída. O curso concentrarase nos niveis interpersoais e representacionais da formulación e na súa interacción cos compoñentes conceptual e contextual.
PROGRAMA:
1ª sesión: O lugar da Gramática Discursivo-Funcional dentro do paradigma funcional
2ª sesión: A estrutura xeral da Gramática Discursivo-Funcional
3ª sesión: Nivel Interpersoal: Movementos e Actos Discursivos
4ª sesión: Nivel Interpersoal: A estrutura interna dos Actos Discursivos
5ª sesión: Nivel Representacional: Contidos Proposicionais e Estados de Cousas
6ª sesión: Nivel Representacional: Propiedades e outras entidades
Horario
Mércores, 8 de maio |
16:00 - 19:30 |
Mércores, 15 de maio |
16:00 - 19:30 |
Mércores, 22 de maio |
16:00 - 19:30 |
Inscrición e certificados
A asistencia ao seminario é de balde. Porén, as persoas interesadas en recibir un certificado de asistencia deberán inscribirse mediante este formulario en liña. O prazo de inscrición estará aberto até o 7 de maio.
Lectura previa
Hengeveld, Kees & Mackenzie, J. Lachlan. 2008. Functional Discourse Grammar: a typologically based theory of language structure. Oxford: Oxford University Press. Capítulo 1, “Introduction”, pp. 1–45.
Lecturas recomendadas
—García Velasco, Daniel. 2014. “Activation and the relation between context and grammar”. Pragmatics 24, 297–316.
—Hengeveld, Kees & Keizer, Evelien. 2011. “Non-straightforward Communication”. Journal of Pragmatics 43, 1962–1976.
—Hengeveld, Kees & Mackenzie, J. Lachlan. 2010. “Functional Discourse Grammar”. In: Heine, Bernd & Narrog, Heiko (eds), Oxford Handbook of Linguistic Analysis, 367–400. Oxford: Oxford University Press.
—Hengeveld, Kees & Mackenzie, J. Lachlan. 2011. “La Gramática Discursivo-Funcional” [Spanish translation of Hengeveld & Mackenzie (2010), by Daniel García Velasco]. Moenia: Revista Lucense de Lingüística y Literatura 17: 5–45.
—Hengeveld, Kees & Mackenzie, J. Lachlan. 2014. “Grammar and Context in Functional Discourse Grammar”. Pragmatics 24.2, 203–227.
—Keizer, Evelien. 2015. A Functional Discourse Grammar for English (Oxford Textbooks in Linguistics). Oxford: Oxford University Press.
—Mackenzie, J. Lachlan. 2016a. “A first history of Functional Grammar”. In: Assunção, Carlos & Fernandes, Gonçalo & Kemmler, Rolf (eds), History of Linguistics 2014: Selected Papers from the 13th International Conference on the History of the Language Sciences (ICHoLS XIII), Vila Real, Portugal, 25-29 August 2014 (Studies in the History of the Language Sciences 126), 233–245. Amsterdam: Benjamins.
—Mackenzie, J. Lachlan. 2016b. “Uma primeira história da Gramática Funcional”. [Portuguese translation of Mackenzie (2016a) by George Henrique Nagamura]. Guavira Letras 22: 123–135.
Organización
A actividade está organizada polo grupo de investigación Gramática do español (GPC Xunta de Galicia ED431B 2017/39).
Pilar Chamorro Fernández (Assistant Professor of Linguistics, University of Georgia)
Facultade de Filoloxía, aula B03
Santiago de Compostela, 20 e 21 de maio de 2019
CONTIDO:
O curso céntrase na investigación das linguas amazónicas como exemplo claro de linguas en perigo de extinción, das que se coñece pouco ou nada. Tratarase a importancia da documentación e a investigación con propósitos teóricos. Para isto, estudiaremos e discutiremos os métodos e as ferramentas empregados no traballo de campo lingüístico realizado dentro de comunidades lingüísticas na Amazonía. Algúns dos aspectos que se tocarán durante o curso son os seguintes:
-
Cuestións éticas e loxísticas propias do traballo de campo con comunidades indíxenas.
-
Vantaxes do traballo de campo teoricamente informado: obxectivos e preguntas de investigación
-
Preparación para a ‘elicitación’ de datos lingüísticos: o traballo con falantes nativos, cuestionarios, gravación, transcripción e almacenamento de datos.
-
Transcripción de datos, glosas e tradución (libre) ao español
-
Creación de dicionarios e gramáticas
a. Aplicación do noso coñecemento como lingüistas para analizar de xeito sistemático os datos recollidos. Isto implica o diálogo do investigador con teorías lingüísticas á hora de describir a lingua do estudo, poñer a proba prediccións co obxectivo de chegar á mellor análise posible.
Horario
Luns, 20 de maio |
10:00 - 14:00 |
Martes, 21 de maio |
10:00 - 14:00, 16:00-18:00 |
Inscrición e certificados
A asistencia ao seminario é de balde. Porén, as persoas interesadas en recibir un certificado de asistencia deberán inscribirse mediante este formulario en liña. O prazo de inscrición estará aberto até o 19 de maio.
Organización
A actividade está organizada polo grupo de investigación Gramática do español (GPC Xunta de Galicia ED431B 2017/39) e o Proxecto ESLORA+ (PFFI2017-86379-P), financiado pola AEI e o FEDER.
Marize M. Dall'Aglio Hattnher
Universidade Estadual Paulista (UNESP/CNPq)
Data: mércores 13 de febreiro, 13:00 - 14:00
Lugar: sala C01, Facultade de Filoloxía
Resumo: Considerada como um universal semântico, a evidencialidade – a indicação sistemática da fonte da informação expressa pelo falante – tem forma de expressão variada, podendo ser codificada por meios lexicais ou gramaticais. Nessa fala, analiso essa categoria em um conjunto de 22 línguas nativas do Brasil que têm um sistema evidencial múltiplo, com expressão gramatical obrigatória, procurando mostrar as relações de escopo semântico entre os diferentes subtipos.