Saltar al contenido central

Cursos e seminarios

A historia política da lingua: tradición e novidade nun paradigma epistémico marxinal

Abril 3, 2018 por victoria.vazquez

José del Valle (Professor of Hispanic Linguistics, The Graduate Center, CUNY)

Salón de Graos da Facultade de Filoloxía
Santiago de Compostela, 19 e 20 de abril de 2018

Neste seminario, imos tratar a relación entre lingua e historia a través, primeiro, dun repaso diacrónico dos paradigmas intelectuais e científicos que teñen artellado a conexión entre ámbolos dous conceptos e, segundo, a través da exposición do xeito en que o proxecto glotopolítico latinoamericano pretende xerar un novo modelo de reflexión histórico-lingüística ancorado na política e axeitado ás condicions actuais de produción de coñecemento na Universidade.

Ao falar do proxecto glotopolítico latinoamericano invoco un conxunto de prácticas profesionais —pesquisas, publicacións, congresos, etcétera— que, aínda que presentes en distintos espazos xeoacadémicos, cristalizaron nas últimas dúas décadas no entorno do Máster en análise do discurso da Universidad de Buenos Aires e do doutorado en Culturas Latinoamericanas, Ibéricas y Latinoestadounidenses da City University of New York (CUNY).

Utilizando coma exemplo os estudos sobre o castelán ou español, o percorrido disciplinario partirá das achegas históricas á lingua feitas desde a filoloxía e a lingüística histórico-comparativa que resultaron na cristalización dos obxectos gramática histórica e historia da lingua; atravesará a tensión conceptual entre a lingüística socio-histórica e a historia social da lingua; e finalmente chegará aos desafíos teóricos, metodolóxicos e institucionais da inserción da política e do político neste tipo de pesquisa.

Horario

Xoves, 19 de abril
16:00 - 20:00
Venres, 20 de abril
10:00 - 14:00

 

Inscrición

A asistencia ao seminario é de balde. Porén, os interesados deberán inscribirse mediante un formulario en liña. O prazo de inscrición comeza o día 8 e estará aberto até o 17 de abril.

Organización

A actividade está organizada polo grupo de investigación Gramática do español (GPC Xunta de Galicia ED431B 2017/39).

Estudio comparativo de las propiedades de [tener+participio] en el castellano eonaviego con relación a otras variedades iberorromances

Diciembre 14, 2017 por susana.sotelo

Presentación do proxecto: Estudio comparativo de las propiedades de
[tener+participio] en el castellano eonaviego con relación a otras variedades
iberorromances

Natalia Jardón Pérez (CASTL-Fish Stipendiat, Universitetet i Tromsø)

Data: Luns 18 de decembro, 18:30 - 19:00
Lugar: Sala 114, Facultade de Filoloxía

Curso de Redacción Científica

Noviembre 12, 2017 por susana.sotelo

María Teresa Díaz (coordinadora)
Manuel Bermúdez Blanco e David Cobas Medín (profesores)

Datas: 13, 15, 20, 22 de novembro e 11, 13 de decembro de 2017
Lugar: Biblioteca Concepción Arenal (aula de formación), Campus Vida

Organiza: rede RIES (+ Fondos FEDER), GI Gramática do Español

Máis información e inscrición

Statistical analysis of, and corpus approaches to, lexicogrammar

Abril 1, 2017 por susana.sotelo

Stefan Th. Gries (Professor of Linguistics, University of California, Santa Barbara)

Salón de Graos da Facultade de Filoloxía
Santiago de Compostela, 14-15 de xuño de 2017 de 9:30 a 13:30

This 8-hour workshop is devoted to the corpus-linguistic and corpus-statistical treatment of lexico-grammatical alternations. It will feature an introduction to the idea of the various kinds of collostructional analysis (focusing mostly on simple collexeme and distinctive collexeme analysis) both in terms of their underlying logic and their mathematical computation (and implementation in R); we will apply them to simple example data sets, discuss methodological decisions that need to be made, and briefly address how their results are (best) interpreted. In addition, we will discuss basic aspects of logistic regression modeling, both in terms of how much collostructional analysis can in fact be seen as a simple regression model and in terms of using logistic regressions for alternation data in a wider sense. We will conclude with measuring and incorporating into analyses the matter of dispersion, i.e. how instances of words/constructions are distributed within a corpus and what that means for interpreting corpus statistics.

Seminario sobre Language Regard

Junio 26, 2016 por susana.sotelo

Dennis R. Preston (Regents Professor of Linguistics, Oklahoma State University)

Salón de Graos da Facultade de Filoloxía,
Santiago de Compostela, 13-15 de xullo de 2016

Seminario sobre Avances en Corpus Orais

Septiembre 7, 2015 por susana.sotelo

Salón de Graos da Facultade de Filoloxía,
Santiago de Compostela, 24-25 de setembro de 2015

In English

Análise de construcións e lingüística de corpus

Mayo 15, 2014 por guillermo.rojo

Lugar: Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía
Data:11 de xuño de 2014

Programa e información complementaria

Colloque CILIR Rouen 2015

Mayo 12, 2014 por guillermo.rojo

Lugar: Université de Rouen
Datas: 3, 4 e 5 de xuño de 2015
URL: http://linguistes-libero.fr/

Data límite de entrega de propostas: 15 de setembro de 2014
Envíos: jose [dot] vicente-lozanoatuniv-rouen [dot] fr

X Curso de primavera: A violencia na cultura e na historia

Abril 4, 2014 por susana.sotelo

X Curso de Primavera

Décima edición do Curso de primavera da USC adicado á violencia na cultura e na historia.

Datas

Lugo, 22, 23, 24 e 25 de abril de 2014

Lugar de celebración

Salón de actos da Facultade de Humanidades

Información e inscrición

Área de Cultura
Campus de Lugo
Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo
Praciña da Universidade, s/n
27001 Lugo
Tfno.: 982 821 513

Inscricións ata o 11 de abril ou ata que se cubran as prazas por rigorosa orde de inscrición.

Web oficial e programa

Web oficial
Díptico

Seminario: Exploring grammatical variation in the Anglophone world

Septiembre 21, 2012 por susana.sotelo

A semana do 24 de setembro o Prof. Bernd Kortmann da Universidade de Freiburg visitará a nosa Facultade subvencionado polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, dentro do programa de mobilidade para doutoramentos con Mención de Excelencia. Durante a súa visita, o Prof. Kortmann impartirá un seminario titulado Exploring grammatical variation in the Anglophone world, no que presentará a ferramenta eWAVE, electronic World Atlas of Variation in English.

O seminario, que terá lugar na Sala de Videoconferencias da Facultade de Filoloxía o martes 25, mércores 26 e xoves 27, de 16.00 a 19.00 horas, está aberto a todo o profesorado e estudantes de posgrao da Facultade. Co fin de preparar o material necesario para o desevolvemento do seminario, rógase confirmación de asistencia no Decanato.

Premium Drupal Themes by Adaptivethemes