Saltar ao contido central

Conferencias

Métodos cuantitativos para a análise da construcción encapsuladora N de que

Novembro 16, 2018 por victoria.vazquez

Anton Granvik

U. Gotemburgo, U. Helsinki

Data: martes 27 de novembro, 12:00 - 13:00

Lugar: sala B03, Facultade de Filoloxía

Cuba na súa dimensión lingüística: estudos e investigacións

Marzo 14, 2018 por victoria.vazquez

Ana María González Mafud

Profesora da Facultade de Artes e Letras da Universidade de La Habana

Data: martes 20 de marzo, 13:00 - 14:00

Lugar: sala B03, Facultade de Filoloxía

A cuantificación no sintagma nominal e o sintagma verbal: o papel da metáfora

Xullo 11, 2017 por susana.sotelo

Dra. Katrien Verveckken (KULeuven)


Data: Venres 21 de xullo, 12:00-13:00
Lugar: Sala de videoconferencia B03, Facultade de Filoloxía

Linguas temporais e linguas aspectuais

Xuño 28, 2017 por susana.sotelo

Joanna Wilk-Racięska

(Catedrática de español da Universidade de Silesia en Katowice, Polonia)

Data: Xoves 6 de xullo, 12:00-13:00
Lugar: Sala B-013, Facultade de Filoloxía

Importancia das linguas menos difundidas e ensinadas: exemplos do euskera e galego

Xuño 10, 2017 por susana.sotelo

Viola G. Miglio
Associate Professor of Linguistics & Barandiaran Chair of Basque Studies, Spanish & Portuguese Dept., University of California, Santa Barbara



B13-Sala de videoconferencias, Facultade de Filoloxía
21 de xuño, 12:00-13:00

A situación das linguas minoritarias é con frecuencia inestable porque na meirande parte dos casos están en contacto con outras linguas que dispoñen dun grande número de falantes, prestixio e unha longa tradición literaria. Como poden as lenguas minoritarias sobrevivir en competencia con idiomas coma o inglés, francés ou o español? Como pedir aos falantes de linguas minoritarias que se comprometan co seu mantenemento e transmisión nun mundo no que aumenta día a día a primacía global do inglés? Quixera, nesta charla, suxerir algunhas respostas, e suscitar aínda máis preguntas, sobre a importancia da diversidade lingüística, a tradución, as políticas lingüísticas, a aprendizaxe en programas de inmersión e o futuro das linguas minoritarias na súa área orixinal e como "Linguas Menos Comunmente Ensinadas" (Less Commonly Taught Languages, LCTL) no estranxeiro, por exemplo en EEUU. Empregarei paralelismos co estatus do español como lingua minoritaria en California, co islandés (a lingua oficial dun país con só 300,000 habitantes), así como do ensino do euskera e o galego en EEUU.

¿Como avaliar a familiaridade con unidades léxicas na área de saúde?

Novembro 24, 2016 por susana.sotelo

A conferencia foi cancelada. Sentimos as molestias.

Conferenciante: Prof. Natalia Castillo Fadic (Pontificia Universidad Católica
de Chile, Santiago)
Título: ¿Cómo evaluar la familiaridad con unidades léxicas en el área de
salud? Propuesta de un instrumento para realizar tests de tamizaje
Día e hora: mércores 30 de novembro ás 13:00
Lugar: B13 - Sala de videoconferencias

Estudantes indíxenas na Universidade Michoacana (México). Crenzas lingüísticas en torno ás linguas orixinarias e o español

Abril 26, 2016 por susana.sotelo

Conferenciante: Prof. Araceli Enríquez Ovando (Universidad Michoacana de San Nicolás de Hidalgo)
Título: Estudantes indíxenas na Universidade Michoacana (México). Crenzas lingüísticas en torno ás linguas orixinarias e o español
Día e hora: venres 29 de abril ás 12:00
Lugar: aula D10, Facultade de Filoloxía

Resumo:
A presentación céntrase no tema dos estudantes indíxenas de México que ingresan ao sistema educativo de nivel medio-superior e superior, no que as clases son impartidas só en español. Revisaremos o caso específico da Universidade Michoacana de San Nicolás de Hidalgo (UMSNH), institución á que, segundo os datos dos censos que se amosarán, anualmente ingresan estudantes indíxenas cuxas linguas maternas son distintas ao español. Ao tempo, presentaremos datos das crenzas que teñen os estudantes hispanofalantes da UMSNH en torno ás linguas orixinarias de México, e datos da avaliación dos mesmos estudantes indíxenas acerca do seu dominio do español, que contrastaremos con algúns textos escritos por eles.

A terminoloxía como chave para a inserción disciplinar: un estudo na comunidade disciplinar da psicoloxía

Outubro 1, 2015 por susana.sotelo

Título: A terminoloxía como chave para a inserción disciplinar: un estudo na comunidade disciplinar da psicoloxía
Conferenciante: Sabela Fernández Silva (Pontificia Universidad Católica de Valparaíso)
Lugar: Aula C07, Facultade de Filoloxía
Data: 7 de outubro de 2015 ás 11:00
Resumo:
Nesta charla abordarase o papel da terminoloxía na adquisición do coñecemento especializado dunha disciplina e nas dificultades que presenta aos estudantes que se insiren nunha comunidade disciplinar. Por iso, apresentamos unha investigación sobre variación terminolóxica na disciplina da psicoloxía, na que se caracterizou o seu papel na construción do coñecemento especializado nos textos e se avaliaron as necesidades de estudantes de primeiro ano no manexo da variación terminolóxica en tarefas de comprensión e produción de textos. Para rematar, reflexionase sobre como se debe representar a variación terminolóxica nun posible dicionario de aprendizaxe da psicología.

 

Marco europeo común de referencia para as linguas

Decembro 27, 2013 por guillermo.rojo

Título: Marco europeo común de referencia para as linguas. O estudo e a acreditación de coñecemento de idiomas para a vida e para a universidade
Conferenciante: Inmaculada Mas Álvarez (USC)
Lugar: CPR 'San José de Cluny' (Vigo)
Data: 10 de xaneiro de 2014

 

Cuba habla: identidad y mestizaje

Outubro 25, 2010 por marlen.gonzalez

Título: Cuba habla: identidad y mestizaje
Conferenciante: Ana María González Mafud (Universidad de la Habana)
Lugar: Aula 20, Facultade de Filoloxía, USC
Horario: 12:30
Data: 28 de outubro de 2010
Coa colaboración de: Cátedra de Cultura Cubana "Alejo Carpentier" e  Facultade de Filoloxía

 

Premium Drupal Themes by Adaptivethemes